Tres mil sinaturas rexeitan o peche da Farmacia dos pobres
Por Oskar Viéitez
Tres mil sinaturas de apoio acompañarán ao escrito que o actual propietario da Farmacia Canabal, de Vilanova de Arousa, presentará mañá na consellería de Sanidade en contra do rexeite ao traspaso do negocio da súa propietaria Dona Aurea, falecida en 2006 e que non era farmacéutica, aos seus herdeiros.
A administración pretende clausurar o establecemento con 150 anos de historia deixando na rúa aos seus catro traballadores.
O escrito e as firmas tamén serán entregadas mañá no Concello de Vilanova para solicitar o apoio da corporación. Aínda que hai importantes presións das outras farmacias en contra da continuidade da vella botica.
Onte, un importante número de veciños, ao redor de trescentos, tomaron a praza de San Amaro para mostrar o seu rexeitamento e esixir á Xunta a continuidade do local.
Salvo milagre, a pechadura de Canabal producirase este xoves, día 13.