Cae 'El Pastelero' nunha operación contra o branqueo de capitais en Arousa
Por Redacción
ÿscar Manuel Rial Iglesias, coñecido como 'El Pastelero' e considerado como "un dos maiores narcotraficantes actualmente en activo" de Galicia, caeu este mércores. A Policía Nacional detívoo no marco dunha operación contra o branco de capitais desenvolvida en Vilagarcía e outros municipios da comarca de Arousa.
Segundo transcendeu, 'El Pastelero' está considerado o presunto líder dunha organización que operaba na comarca arousana para branquexar diñeiro procedente do narcotráfico. No mesmo operativo foron detidas outras cinco persoas con distinta implicación na rede desartellada.
A operación, que lidera a Brigada de Branqueo da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF), desenvolveuse ao longo de toda a xornada en Arousa con distintos rexistros domiciliarios e detencións.
Os arrestados foron trasladados aos calabozos da Comisaría de Vilagarcía e está previsto que ao longo das próximas horas pasen a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, que lidera a investigación dende hai meses.
A última detención de 'El Pastelero' remóntase ao ano 2011, cando axentes do Grupo de Resposta Especial ao Crime Organizado (GRECO) de Galicia detivérono "pola súa implicación directa en varios transportes de substancias estupefacientes" que se terían desenvolvido entre os anos 2006 e 2007, pero nos que aínda non o relacionaran. Naquel momento, tras pasar a disposición xudicial, quedou en liberdade con cargos, pero a Policía xa o definiu como un dos novos líderes do narcotráfico en Galicia.
ÿscar Rial, de 41 anos e alcumado 'El Pastelero' en referencia á súa profesión legal, foi detido por primeira vez no ano 2008 en relación co transporte de 3,6 toneladas de cocaína no pesqueiro San Miguel como suposto lider dunha rede que movía anualmente 10 toneladas de cocaína dende Colombia e haxix dende Marrocos e que lavaba o diñeiro procedente desta actividade ilíctia. Foi xulgado en 2013 na Audiencia Nacional e absolvido.
Relacionadas:
-
'El Pastelero' deixa de ser un dos capos máis escorregadizo: estrea condena por delito fiscal
Por Redacción |
-
'El Pastelero' aceptará a súa primera condena, pero non por narcotráfico, senón por delito fiscal
Por Natalia Puga |
-
'El Pastelero' poderá eludir a prisión por branqueo de capitais cunha fianza de 200.000 euros
Por Natalia Puga |
-
'El Pastelero' ingresa en prisión por branqueo de capitais
Por Natalia Puga |