Papanoelada moteira por Marín
Por Diego Torrado
Este domingo os membros do Motoclub Taranis percorreron Marín en moto, vestidos de Papa Noel.
Ataviados coas súas barbas e o rechamante traxe vermello pasaron por Ardán, Seixo, Pardavila, Marín de Arriba e Alameda.
O Concello colabora nesta iniciativa achegando os caramelos que estes axudantes de Papá Noel repartiron entre os nenos que se achegaban a saudalos.