Abraldes lidera a lista do BNG en Barro nas municipais
Por Oskar Viéitez
Xosé Manuel Fernández Abraldes encabeza a candidatura coa que o Bloque Nacionalista Galego-Asambleas Abertas concorrerá ás eleccións municipais.
O actual voceiro do grupo nacionalista presentou este venres a lista lista electoral na que figura como número dous, Roberto Rivas, Amelia Cancela (3), Antonio Giráldez (4), Rosa Rodríguez (5) e Adrián Silva, no posto número seis que fixa o corte para obter unha maioría absoluta.
Na presentación da candidatura, Abraldes criticou que Barro "segue a ser gobernada coma nos anos 70, sen unha mínima planificación, sen visión de futuro e sen atender ás necesidades básicas dunha sociedade moderna".
"Nunca estivo tan preto e nunca foi tan preciso un cambio en Barro", dixo Abraldes
"Nunca estivo tan preto e nunca foi tan preciso un cambio en Barro", dixo Abraldes. Fronte á "improvisación e despilfarro" dos gobernantes actuais, os nacionalistas propoñen "consenso e diálogo" para "devolverle o concello ao pobo", cunha "xestión eficaz dos recursos públicos" para que reverta na calidade de vida do municipio e non no pago de multas ou non pago de intereses desorbitados", dixo Abraldes.
Sobre a súa candidatura, Abraldes remarcou que é "solvente" e que "auna a experiencia coas aportacións de xente nova".
Finalmente tivo unhas palabras de agradecemento para María Xesús Castro Calviño que, despois de 16 anos como concelleira, non repite por petición propia nos postos de saída, aínda que si forma parte da candidatura como número 11, e continuará traballando dende o BNG.