Trasladan ao Hospital do Salnés un traballador que caeu dunha plataforma de sete metros en Vilagarcía
Por Redacción
Os servizos de urxencias médicas trasladaron ao Hospital do Salnés a un operario que se precipitou dende unha plataforma de sete metros de altura.
O suceso produciuse arredor das 3:00 horas da madrugada deste venres na estación de tren de Vilagarcía, na que está instalada a citada plataforma.
O traballador caeu sobre as vías e malia o golpe mantívose consciente e inmobilizado para evitar que se puidesen agravar as súas lesións.
Os seus compañeiros alertaron ao servizo de Emerxencias 112 Galiccia ás 3:10 horas, mobilizándose inmediatamente ata o lugar efectivos do 061, Policía Nacional, Policía Local e tamén ADIF.
Incialmente tamén se pediu a colaboración dos Bombeiros do Salnés, pero finalmente volveron á súa base ao confirmarse que o operario non se encontraba atrapado.