O Plan Provincial de Obras amplíase ata os 30 millóns de euros
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra ampliou a dotación do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS 2015) ata os 30 millóns de euros.
Inicialmente, a institución provincial dotou este plan con 12 millóns que foron incrementados na xunta de goberno deste venres con outros 18 despois de recibir a liquidación dos orzamentos do ano pasado e decidir destinar a citada cantidade de 18 millóns ao PPOS 2015.
Este venres, no curso dunha comisión informativa, foi aprobada a consignación final de 30 millóns e aprobadas as bases do programa, algo que será ratificado no vindeiro pleno de finais de mes.
Esta cantidade de 30 millóns de euros será distribuida entre 59 concellos da provincia (todos excepto Pontevedra, Vigo e Mondariz Balneario) con criterios obxectivos acordados entre todos os grupos e tendo en conta a poboación do concello (75%) e a súa extensión (25%).
Os concellos poderán destinar a cantidade que lles corresponda a investimentos de calquer obra que figure dentro da súas competencias e que, incluso, pode ser cofinanciada por outra administración; e destinar tamén o 30% do que se lles asigne a gasto corrente, é decir a amortización de débedas con entidades ou acreedores, pago de débedas e gasto corrente ou gasto corrente novo.
Sÿ 10 CONCELLOS USARON O 30% PARA GASTO CORRENTE
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou en rolda de prensa, que os concellos da provincia gozan de boa saúde financieira e puxo como proba que só 10 destinaron en total 256.560 euros a gasto corrente cando a partida total destinada a ese fin era de 3,6 millóns de euros e o ano pasado non foi gastada.
Louzán congratulouse desa boa saúde financieira dos concellos pontevedreses pois así "poderán destinar todo o que lles corresponde no PPOS 2015 a inversións que xeneran emprego e riqueza".