Seis comunidades de montes de Cotobade agrupanse para solicitar axudas para a limpeza
Por Oskar Viéitez
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, visitaron este lunes as obras executadas por seis comunidades de montes de Cotobade grazas a colaboración económica da Consellería de Medio Rural e do Mar co obxectivo de previr e loitar contra os incendios forestais.
As axudas públicas foron destinadas ao proxecto de limpeza de monte en rexenerado de pino e roza en 95 hectáreas presentado polas comunidades de montes de Santa María de Sacos, Viascón, Tenorio, Carballedo, Almofrei e Vilanova. Estes traballos contaron cun investimento de 43.123 euros, dos cales a Xunta aportou 37.000 grazas a unha subvención cofinanciada con fondos europeos.
O máis destacable é que as seis comunidades de montes presentaron esta iniciativa de forma agrupada, o que lles permitiu contar con maior puntuación a hora de obter a subvención.
No concello de Cotobade existen 16 comunidades de montes cunha superficie total de 8.242 hectáreas.