Vaipolorío descobre os nenos da Lama os tesouros dos Gafos
Por Redacción
Os alumnos do Colexio da Lama descubriron este mércores os 'tesouros' do río dos Gafos.
A Asociación Vaipolorío de Pontevedra presentoulles o cartaz "Tesouros Biolóxicos do Río Gafos II". A súa edición foi posible grazas á colaboración da comunidade educativa da Lama, que lles fixo entrega dos cartos recadados no IV Rastro Solidario que con motivo do Día Escolar da non violencia e da Paz organizaran o 30 de xaneiro de 2014.
Esta segunda edición do cartaz ve a luz logo dun ano de traballo, e conta cunha nova selección de especies vexetais e animais que se poden atopar no Río Gafos dende o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Pontevedra.
Os encargados da súa presentación foron os membros da asociación Gonzalo Sancho, Amancio Castro e Pablo Carro que durante unha hora foron explicando a importancia biolóxica de cada unha das especies escollidas nesta ocasión. Durante o acto tamén contaron coa presenza de Daniel Vidal da Asociación Cultural Río Barbeira de A Lama.
O Proxecto "Ríos e Praias en Boas Mans" foi o marco no que o alumnado do centro realizou unha investigación sobre o coidado destes ecosistemas e a colaboración con Vaipolorío e a "Asociación Río Barbeira da Lama o xeito de pór na práctica esas aprendizaxes adquiridas.