SondeXeve preséntase en sociedade o venres 20 cunha Festa da Natureza
Por Redacción
A Asociación Cultural SondeXeve prepara a que será a súa presentación oficial ante os veciños da parroquia pontevedresa.
Será este venres 20 de marzo cunha Festa da Natureza, na que se darán a coñecer os obxectivos dunha asociación que quere "vender Xeve como unidade e natureza dos tres xeves", explica Manuel Hermida, presidente de SondeXeve.
A xornada terá como punto de encontro o Centro Cultural de Santa María, dende onde se iniciarán diversas actividades.
Así está previsto observar a eclipse solar, realizar unha andaina ata o Marco da Estada e o Alto do Crabadoiro e gozar dunha exposición da camelia, ademais de habilitarse unha zona de xogos populares.
Entre a xornada de mañá e a tarde os asistentes participarán nunha paella popular.