Eduardo Barros: "En política no se defiende claramente lo que los empresarios queremos"
Por Oskar Viéitez
"No pedimos dinero pedimos facilidad y claridad administrativa para crear empleo", afirmou o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Eduardo Barros, tras reunirse este mércores co candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira.
A entrevista foi solicitada por este último para expoñer o seu programa electoral co que pretende "ofrecer alfombra roja a emprendedores, empresarios y autónomos que deseen traer a nuestra ciudad un proyecto que permita generar, directa o indirectamente, empleo", dixo Moreira.
Durante o encontro ambas as dúas partes coincidiron na necesidade de lanzar propostas como a "Ventanilla ÿnica Empresarial", iniciativa que "permitirá facilitar la gestión de trámites burocráticos" para os emprendedores, asegurou o alcaldable popular.
Pola súa banda, Eduardo Barros trasladou dúas reclamacións aos responsables públicos "claridad" e "seguridad jurídica", aludindo á situación dos recheos ilegais do Porto de Marín ou a caducidade da concesión de ENCE en Lourizán.
Curiosamente Eduardo Barros evitou dar exemplo desta "claridad" que demanda ás administracións e rexeitou dar explicacións sobre a situación actual da Cámara de Comercio, en cuxo pleno se produciu unha importante dimisión nos últimos días, segundo informaron PontevedraViva outras fontes empresariais.
Pola contra Barros criticou o traballo da prensa "por no contrastar las noticias".