O saneamento da ría de Pontevedra procurará financiación europea
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A sede da confraría de pescadores de Lourizán acolleu este mércores unha xuntanza na que participaron, o director de Augas de Galicia, representantes dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, do Porto de Marín e da lonxa de Campelo, que xestiona os bancos marisqueiros dos pósitos de Lourizán, Pontevedra e Raxó.
Todos eles acudiron para falar do saneamento da ría de Pontevedra no que todos dixeron estar comprometidos.
O presidente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira salientou que a Xunta prevé realizar un diagnóstico da situación para o que precisa a información sobre as redes de saneamento, para planificar as actuacións de mellora que eviten vertidos sen depurar á ría. De tal xeito sinalou coma preciso e imprescindible contar coa colaboración dos concellos.
A folla de ruta marcada pola Xunta aproveitará a experiencia recollida cos plans de saneamento local na ría do Burgo ou na de Arousa.
Todos os presentes coincidiron en que se debe aproveitar a oportunidade que se brinda coa apertura dun novo período operativo de fondos europeos, para completar o saneamento da ría de Pontevedra.
Os asistentes quedaron emprazados a una nova reunión, que se celebrará nas próximas semanas, de carácter máis técnico, na que se irá acotando os problemas existentes sobre o sistema de saneamento, para centrar o alcance dos estudos e as posibles solucións a plantexar.
Relacionadas:
-
En dous meses a Xunta presentará as actuacións máis urxentes para sanear a ría
Por Oskar Viéitez |
-
Bruxelas non contempla multas pola contaminación da ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez salienta que os fondos europeos posibilitarán o plan de saneamento da ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Bruselas ratifica a denuncia por contaminación da Ría e esixe mellorar o seu saneamento
Por Redacción |
-
Presentan aos concellos da Ría o protocolo para abordar o seu plan de saneamento
Por Redacción |
-
Mosquera asegura que o PP ultima "regalar" a ENCE a súa continuidade na Ría a cambio de "algún millonciño"
Por Alejandro Espiño |
-
Ethel Vázquez anuncia, sen fixar data, a posta en marcha do plan de saneamento da Ría de Pontevedra
Por Redacción |