O Santo Encontro congrega a centos de marinenses durante a madrugada
Por Diego Torrado
Os membros das confrarías do Noso Padre Jesús Nazareno e da Virxe das Dores foron os protagonistas da procesión do Santo Encontro que se desenvolveu durante a noite deste Xoves Santo en Maríncoa participación de numerosos veciños que acompañaron ás imaxes durante o percorrido dende o Templo Novo ata a Praza de España.
Durante este Venres Santo, os fieis teñen unha nova cita a partir das 10.00 horas coa celebración da Procesión da Cruz que realizará un percorrido pola zona antiga partindo dende o Templo Novo e realizando paradas en cada un dos cruceiros que se encontran nesta zona.
As confrarías do Santo Sepulcro e da Virxe das Dores serán as encargadas de acompañar os pasos da Procesión do Santo Enterro a partir das 21.00 horas.
Esta mesma noite, os veciños da parroquia de San José de Cantodarea representarán as últimas horas de Xesús a través de doce escenas.
Relacionadas:
-
A Solemne Novena de Marín contará coa visita dun bispo de Galicia cada día
Por Redacción |
-
A Procesión do Santo Enterro volve encher de fieis as rúas do centro histórico
Por Diego Torrado |
-
Sete confrarías e un millar de confrades na procesión máis multitudinaria da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
Os Pasos volven por Xoves Santo
Por Diego Torrado |