Os peiraos do Salnés estrean sistema de videovixilancia
Por Redacción
Cambados, Vilanova, Vilagarcía e A Illa de Arousa xa teñen sistema de videovixilancia nos seus peiraos. Estas catro instalacións están recollidas na primeira fase de instalación do sistema en todos os portos galegos que ven de por en marcha a Administración autonómica.
Segundo informou Portos de Galicia, a actuación aplicouse nesta primeira fase en 19 peiraos xestionados pola Xunta de Galicia e enmárcase no dispositivo global de reforzo da seguridade nas dársenas mediante gravación. Esta primeira fase terá continuidade nos vindeiros anos, de xeito que o sistema se amplíe paulatinamente a outros puntos do litoral galego.
As cámaras están xa en funcionamento nos portos de Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa, Vilaxoán (Vilagarcía) e O Xufre (A Illa de Arousa). No sistema de videovixilancia proposto, a responsabilidade do control das gravacións asúmea o organismo portuario dado que é a Administración pública a que ten competencia neste sentido en non outros colectivos do sector.
Para elo, téñense tramitado todos os permisos necesarios en virtude da normativa de protección de datos. A tramitación do sistema conleva unha alta complexidade.