Comezan a retirar a zona axardinada entre Daniel de la Sota e a fonte dos nenos
Por Redacción
A Concellaría de Obras Urbanas iniciou este mércores as obras para a supresión da zona axardinada entre Daniel de la Sota e a fonte dos nenos.
O goberno municipal, ante o estado de deterioro que presentaba, optou por retirala para ampliar a zona de paso deste trazado peonil.
Manteranse os xardíns que están entre Daniel de la Sota e Andrés Muruais, incluíndo o grande central da rúa Peregrina, fronte o edificio acristalado no que están as oficinas da empresa Construcuatro.
Tamén se manterán todas as árbores, xa que o que está previsto é eliminar o céspede que será substituído por gabias de protección duns 120 centímetros e por baldosa similar á existente.
O orzamento da actuación é de 15.242 euros.