Ingresa en prisión o veciño de Vilanova que atacou cun coitelo á súa noiva ferindo o seu irmán
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo a GJ.F.M., de 28 anos de idade e veciño de Vilanova de Arousa, como suposto autor dos delitos de violencia de xénero e lesións con arma branca.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, na madrugada do pasado domingo, día 12, recibiron aviso dun altercado nun domicilio de Vilanova de Arousa.
Desprazada ao lugar unha patrulla do Posto da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, unha das suposta vítimas declara que o seu compañeiro, tras manter unha discusión con ela, a intentou agredir fisicamente e despois de mediar na situación a súa nai e irmán, intentou facelo cun coitelo, que colleu na cociña, resultando ferido de arma branca o seu irmán, quen recibiu tres puntos de sutura no seu brazo dereito.
Por todo iso procedeuse á detención do suposto agresor que foi conducido ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.
O detido, que carece de antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, quen decretou o seu ingreso preventivo no Centro Penitenciario da Lama.