Xornada de retirada de árbores caídas
Por Redacción
O colectivo ecologista Vaipolorío organiza para esta tarde unha xornada de retirada de árbores caídas no sendeiro do río Gafos.
Os membros de Vaipolorío descubriron seis árbores caídas que interrompían o carreiro peatonal, así como tres pontes de madeira desprazadas pola forza do auga.
Ademais un dos ollos da ponte Rebón está completamente taponado por vexetación.
En definitiva esta actividade de retirada de árbores realízase para manter o carreiro do río practicable.
Trátase de cortar con serra manual e mecánica as árbores que están obstaculizando o camiño do río no seu treito rural logo dos efectos das crecidas que se producen dun modo habitual na época invernal.
Os que queiran participar deberán estar a as 16.00 horas, na Estación de Autobuses de Pontevedra. Por certo, recoméndase levar botas de auga.