A peaxe Pontevedra-Vigo será de balde no tramo de regreso en días laborables
Por Natalia Puga
A autopista AP-9 terá a peaxe de balde entre Pontevedra e Vigo no tramo de regreso para todas as persoas que fagan unha viaxe de ida e volta no mesmo día en xornadas laborables.
A ministra de Fomento, a pontevedresa Ana Pastor, chegou a un acordo coa empresa concesionaria da autopista, Audasa, para garantir esta gratuidade da viaxe de regreso e subscribirá o convenio na tarde desde mércores en Madrid. Non transcendeu cando empezará a aplicarse.
O acordo aplicarase a vehículos lixeiros, nunca a camións, e tan só a condutores que fagan a viaxe de ida e volta a Vigo no mesmo día utilizando o sistema de telepeaxe.
O acordo supón un paso máis no programa de descontos do que xa gozan os usuarios da telepeaxe, que na actualidade teñen un desconto na viaxe de regreso. A diferenza será, grazas a este convenio, que a gratuidade será íntegra para o regreso, isto é, a peaxe Pontevedra-Vigo será un 50% máis barato.
Segundo trascendeu, o acordo tamén inclúe a ampliación dos carrís da AP-9 antes de chegar á ponte de Rande, aínda que non suporá ningunha obra na propia ponte.
Relacionadas:
-
O BNG ve unha "tomadura de pelo" rebaixar a AP-9 Pontevedra-Vigo só a usuarios con telepeaxe
Por Natalia Puga |
-
A rebaixa da peaxe entre Vigo e Pontevedra aplicarase a finais de xaneiro ou principios de febreiro
Por Redacción |
-
"Rebaixamos a peaxe entre Pontevedra e Vigo porque é ata un 60% máis caro que o resto da AP-9"
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá rebaixa na peaxe Pontevedra-Vigo antes de 2013?
Por Oskar Viéitez |