Lina Garrido, opción socialista á alcaldía de Cotobade
Por Redacción
A ex-tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Cotobade será a aposta do PSdeG-PSOE á alcaldía.
Lina Garrido presentou este venres a lista electoral que encabeza co aval dos proxectos elaborados durante os seus anos no goberno local.
Así, destacou no acto de presentación, a dinamización cultural, a posta en valor de costumes e tradicións esquecidas ou a posta en marcha dunha escola infantil.
O resto da lista electoral está formada, segundo os socialistas, por "un equipo de homes e mulleres con gran capacidade de traballo, cheos de ilusión e dispostos a gobernar para lograr un Cotobade mellor,".
Tras Garrido, compoñen a candidatura socialista, por esta orde, Andrés Rodríguez, María Regina Sobral, María de los Ángeles Torres, Ismael Bouzas, María Rita Milagros Doval, María Jesús Torre, Juan Alonso Dobarco, Francisco Barbosa, José Lopo e José Antonio Pazos.