Vaian preparando as canas: a temporada de pesca comeza o 17 de marzo
Por Redacción
Preparen as canas. A temporada de pesca está a piques de comezar. Segundo anuncia a Xunta de Galicia, ábrese a veda o próximo 17 de marzo e a campaña rematará o 31 de xullo. Así se recolle na orde pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.
Como ven sendo habitual, a troita abrirá a temporada. Na maioría das masas nas que se cría esta especie habilítase o período comprendido entre o 17 de marzo e o 31 de xullo; mentres que nos coutos e tramos de pesca sen morte, os de pesca intensiva e nos conveniados remata o 30 de setembro con carácter xeral, aplazándose o inicio da tempada ata o 1 de maio nos casos de masas de auga salmoneiras, de reo ou cabeceiras de ríos de montaña.
Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 10 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 cm. Non obstante existen unha serie de normas específicas para determinadas masas de auga.
Para a pesca do salmón, entre os que destaca o couto de Monte Porreiro, a campaña irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Están establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 cm. A cota anual fíxase en 8 exemplares no río Lérez.
Poderase capturar un salmón por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 cm. A cota anual fíxase en 8 exemplares no río Lérez
Na orde tamén se recolle unha serie de prescricións especiais para as capturas do salmón. Así, aquelas que sexan accidentais fora da tempada hábil, de exemplares de menos de 40 cm, e máis as capturas en tramos de pesca sen morte terán que ser devoltas a auga con rapidez, mantendo ao pez na auga mentres se libera do engado podéndose valer dunha sacadeira. E en todos os salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.
E con respecto al reo, a Xunta establece para a mayoría dos coutos, entre eles o de Monte Porreiro e os do río Umia, que a tempada vai dende o 1 de maio ao 30 de setembro. Para esta especie, fíxase unha captura de 5 exemplares, dunha dimensión mínima de 35 cm, por persoa e xornada; agas no tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Caldas de Reis e o límite superior da zona de desembocadura, cuxa cota diaria será de 2 reos.
Na orde que publica hoxe o DOG tamén se aclaran nun artigo as condicións da captura da lamprea, que unicamente se autoriza nos ríos Tea e Ulla, e que se recollen nas orde do 9 de novembro de 2012.
Tal e como determina a Xunta de Galicia, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos, e nos coutos de pesca tamén serán inhábiles os xoves. En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saía do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas a páxina web de MeteoGalicia.