Día da Terra na Casa das Campás
Por Oskar Viéitez
Concienciar da importancia que ten preservar o medio ambiente é un dos obxectivos centrais do proxecto Green Campus, co que Pontevedra quere converterse no primeiro campus de España en lucir a bandeira verde que outorga a FEE (Foundation for Environmental Education).
De aí que a conmemoración, o pasado 22 de abril, do Día Mundial da Terra, fose un bo pretexto para espertar conciencias, neste caso entre o alumnado de secundaria do municipio que este mércores asistiu na Casa das Campás á proxección do documental Había unha vez un bosque (Il était une forêt), do director francés Luc Jacquet no que retrata a evolución dos grandes bosques tropicais.
Ao acto deste mércores foron convidados preto de 40 estudantes de terceiro de Bacharelato dos institutos Sánchez-Cantón e Valle-Inclán.