Miki Nadal promociona en Twitter as excelencias do Mercado de Abastos de Pontevedra
Por Redacción
Que mellor promoción pode ter o Mercado de Abastos de Pontevedraque un coñecido humorista, de bo comer, manifeste a súa devoción polos produtos que ofrecen as vendedoras da praza?
Pois isto é o que sucedeu esta fin de semana, o cómico Miki Nadal que presentara o venres no auditorio do centro social de Afundación o seu último espectáculo, Mikipedia, dedicouse a percorrer algúns puntos da cidade. E o que máis lle chamou a atención foi o mercado de abastos, tanto lle gustou que publicou dúas fotos na súa conta de Twitter e expresou con esta frase a súa admiración polos mariscos e peixes que alí se comercializan:
Que suerte tienen en Pontevedra #calidade pic.twitter.com/JIPBfRSHv8
— Miki Nadal (@NadalMiki) May 2, 2015
Miki Nadal, a través de outro tweet, manifiesta a súa satisfacción pola fin de semana que está a pasar nas Rías Baixas cun elocuente: "Pedazo fin de semana gallego!!!"
Tras unha ampla carreira artística, os espectadores poden ver ao cómico zaragozano todas as sobremesas de luns a venres no programa Zapeando da Sexta.