As obras da gardaría de Seixo avanzan a bo ritmo
Por Redacción
As obras da Escola Infantil de Seixo avanzan a bo ritmo, tendo en conta que a empresa Tragsa afronta xa a recta final e a armazón do edificio está xa visible, aínda que evidentemente quedan meses de obras ata conseguir o resultado final e que a obra poida ser unha realidade.
Iniciáronse cos labores de demolición das antigas casas dos profesores do colexio de Seixo, provocando o valado dunha zona do patio de infantil que está sen poder ser usado durante as obras, cando estas finalicen volverase acondicionar este espazo.
Segundo destacaron dende a candidatura do Partido Popular en Marín a aposta por este investimento é moi importante para o municipio, "primeiro porque permitirá contar cun equipamento público dedicado á educación infantil, e despois porque este ámbito, sendo Seixo unha zona urbana importante e as parroquias de Ardán, Santomé e O Campo, poderán contar cun servizo educativo para nenos de 0 a 3 anos".
Relacionadas:
-
A construción da Escola Infantil de Seixo rematará a finais do verán
Por Redacción |
-
A nova escola infantil de Seixo xa vai collendo forma
Por Redacción |
-
A escola infantil de Seixo estará rematada no verán e empezará a funcionar o próximo curso
Por Redacción |
-
As obras da Escola Infantil de Seixo xa están en pleno auxe
Por Redacción |