Urbaser e traballadores retomarán as negociacións cun mediador da Xunta
Por Oskar Viéitez
Este xoves a alcaldesa de Marín, María Ramallo, reuniu a Xunta de Voceiros para transmitirlles o estado de situación das negociacións entre a empresa Urbaser e o comité de empresa.
Nestes momentos, despois da infrutuosa reunión do pasado martes, ambas as dúas partes aceptaron, tal e como fora solicitado pola representación sindical que a Xunta de Galicia a través do nomeamento dun mediador retome as negociacións.
A alcaldesa informou que está a tratar que as partes se volvan sentar e traten de ter unha reunión á maior brevidade.
Tanto a representación sindical coma a empresa admitiron que sexa un mediador o que interveña, coa vista posta en tratar de avanzar nos traballos precisos para tratar de desbloquear esta situación.
María Ramallo asegurou que "dende a Alcaldía séguese traballando en tratar de que as reunións se produzan, que este impass de bloqueo non continúe e polo tanto se faga un esforzo por ambas as dúas partes en tratar de chegar a algún acordo que permita botar luz sobre este conflito".
SERVIZOS MÍNIMOS
Por outra parte, como este mércores unha vez comunicada oficialmente a folga por escrito, o concello teñen a obriga de fixar a través dunha Resolución da Alcaldía os servizos mínimos na prestación do servizo de recollida de lixo, que terán que rexer dende as 00.00 horas do día 11 de maio, día previsto para o inicio da folga.
Dende o sindicato Comisións Obreiras sinalaron que estes servizos mínimos "vulneran o dereito de folga, na medida que, establecen uns servizos de recollida de lixo moi semellantes aos de un día normal". Entenden que "non é de recibo" que a alcaldesa "pretenda garantir a recollida de residuos sólidos urbanos nas festas patronais, contenedores soterrados, supermercados, Escola Naval" polo que conclúen que María Ramallo "situouse do lado da empresa, apoiando a mesma, sen importarlle o máis mínimo os dereitos dos traballadores".
Finalmente, nun comunicado, os traballadores reiteran que exercerán o seu dereito a folga "con todas as consecuencias, sendo a alcaldesa a única responsable das consecuencias do seu decreto"
Relacionadas:
-
Non haberá folga de lixos en Marín, Urbaser e traballadores asinan un acordo
Por Oskar Viéitez |
-
Maratoniana negociación para evitar a folga de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser Marín ven difícil evitar a folga de lixo e avisan "estaremos presentes na campaña"
Por Diego Espiño |
-
Conclúe sen acordo a negociación entre Urbaser e o comité de empresa
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser iniciarán unha folga de lixo indefinida en Marín o luns 11 de maio
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada