Por que non é posible conciliar empresa e familia? As pemes fan terapia de grupo
Por Oskar Viéitez
Os xulgados do social atenden diariamente numerosas demandas de traballadores que piden a conciliación do seu traballo coa vida familiar. Fundamentalmente son mulleres. O máis habitual é que sexan pequenos detalles como poder saír media hora antes do traballo para recoller os nenos á saída do colexio ou ter permiso para levar ao neno o médico.
APE Galicia, Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, está a desenvolver un programa de concienciación sobre a necesidade da concilación nas pequenas empresas.
Din ser "conscientes" de que representan a unha porcentaxe moi elevada da poboación activa galega, e queren que comprendan "os beneficios que trae a implantación de medidas de conciliación en todos os ámbitos da vida, traballo, social,familia".
Para difundir esta mensaxe organizaron un Seminario de Conciliación e Corresponsabilidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia na cidade de Pontevedra para o luns 11 de maio ás 18.00 no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Rúa Fernández Ladreda.
O acto será inaugurado polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e inclúe as intervencións de "coacher" Joaquín Dosil ou María de los Ángeles García, responsable da área de igualdade en Consultora P&A.
Ademais, Ana Ulloa e Lucía del Campo mostrarán as experiencias do Iworks Centro de Negocios & Coworking e Geriatros. Finalmente a secretaria xeral de Igualdade, Susana López, será a encargada de despedir este seminario.
Os interesados en asistir deben inscribirse previamente. Para iso deben poñerse en contacto con APE Galicia a través do correo info@apegalicia.es ou do número de teléfono 986.891.657.