Ferida unha muller en Lérez tras colidir co seu vehículo contra un andamio
Por Oskar Viéitez
Unha muller resultou ferida tras colisionar co seu vehículo contra unha estada na parroquia de San Salvador de Lérez.
Como consecuencia do impacto a estrutura quedou incrustada na porta do turismo, imposibilitando a saída da ocupante.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 3,00 horas desta madrugada e ao lugar acudiron os bombeiros de Pontevedra que excarceraron a muller e apuntalaron a vivenda.
Tras iso, confirmaron que, a pesar do impacto, non era necesario desaloxar o edificio.
Ademais, ata o lugar desprazáronse os servizos de Urxencias Médicas, que trasladaron á muller a un centro hospitalario de referencia, e a Policía Local.