1.390 persoas na área sanitaria de Pontevedra padecen unha enfermidade inflamatoria intestinal
Por Diego Espiño
A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII) de Pontevedra conmemora este martes 19 de maio o día internacional das enfermidades inflamatorias intestinais, e faino reclamando "darlle visibilidade" a patoloxías como a Síndrome de Crohn ou á colite ulcerosa.
A área sanitaria de Pontevedra conta cun número maior de casos destas dúas enfermidades que o resto de Galicia, con 1.390 pacientes diagnosticados.
Trátase de patoloxías crónicas que cada vez padecen máis a miúdo persoas novas.
As causas non se coñecen, pero o crecemento foi elevado nos últimos anos: "en el área de Pontevedra había 112 casos en 2001, y por ejemplo en Ourense había tres y en Lugo creo que ocho", recoñece Víctor Manuel Loira.
Por motivos como ese ASSEII aposta por "crear un programa de prevención e poder falar nos centros escolares", explica a súa presidenta, Ángela Paz.
Ademais a asociación reclama a apertura dunha liña de investigación e mantén proxectos abertos para intentar mellorar a vida diaria dos enfermos, como facilitar axuda psicolóxica ou buscar a colaboración de hostaleiros e comercios coa intención de que faciliten o acceso aos servizos de cada establecemento.
Actualmente o número anual de novos de diagnósticos na área de Pontevedra é de 120, con especial incidencia en Marín, O Grove e Sanxenxo ademais de na capital provincial.
ASSEII, que conta tras ano e media de vida con 120 asociados, pretende seguir crecendo realizando actividades periódicas, como as xornadas divulgativas que organiza o último venres de cada mes no Centro Social Leste.
Relacionadas:
-
Doce enfermos de crohn e colite ulcerosa son os primeiros beneficiarios do programa "Non podo agardar!"
Por Redacción |
-
Sanxenxo facilitará aparcar en zona de carga e descarga aos enfermos de crohn e colite ulcerosa
Por Redacción |
-
Nace en Pontevedra unha asociación "plural, abierta y participativa" sobre enfermidades intestinais
Por Alejandro Espiño |