Controlados os dous incendios forestais que calcinaron 75 hectáreas de monte en Vilaboa
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Dous lumes rexistrados este mércores no concello de Vilaboa mantivo en xaque durante todo o día ao servizo de extinción de incendios. Quedaron controlados ás 20.17 horas da tarde, despois de iniciarse na madrugada. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 15 e 60 hectáreas respectivamente.
Estes dous incendios forestais seguen activos.
Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural a través de Twitter, tratouse de dous lumes na parroquia de Cobres.
Estes lumes iniciáronse de xeito simultáneo ás 02:12 horas desta madrugada, segundo o goberno galego.
Os medios que traballan na extinción do lume de menor dimensión foron 4 técnicos, 3 axentes forestais, 11 brigadas, 5 motobombas, 1 avión e 5 helicópteros.
No outro lume participaron 4 axentes forestais, 10 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 1 avión.