Alumnos dun colexio de Ponte Caldelas soltan 1.000 troitas para repoboar o río Verdugo
Por Redacción
Alumnos do CEIP Cordo Boullosa soltaron este mércores uns 1.000 crías de troita coas que se está a proceder a repoboar o río Verdugo, completando así a cantidade prevista de 4.000 exemplares asignados nesta ocasión pola Xunta.
Estiveron acompañados, entre outros, polo tenente de alcalde de Ponte Caldelas, Francisco Regueira, o presidente da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, José Ramón Blanco, e técnicos da Consellería de Medio Ambiente.
Os exemplares de troita foron trasladados nunha pick-up especialmente adaptada para levar un colector de auga no que puidesen viaxar as crías con completas garantías.
Os nenos, previamente á solta e acompañados polas súas profesoras, recibiron unha completa explicación por parte dos técnicos de Medio Ambiente sobre as características dos peixes de río que abundan en Galicia, así como do método utilizado para o transporte e solta das crías.
Por quendas, os alumnos foron colaboraron na solta das troitas en varios lugares do tramo do río Verdugo que discorre entre a praia fluvial e a ponte da vila.
Estes exemplares novos, de entre 13 e 17 centímetros, foron liberados no curso baixo do río, a partir da praia fluvial e na zona dedicada á pesca sen morte, onde os pescadores teñen a obriga de devolver ao río as súas capturas.
Relacionadas:
-
"Polo río abaixo van 300 troitas de pé..."
Por Redacción |
-
Centos de persoas converten, de novo, a Festa da Troita nun gran éxito de público
Por Diego Torrado |
-
Ponte Caldelas preparará 800 quilos de troita para servir na 49 edición da Festa da Troita
Por Redacción |
-
O Verdugo dá a benvida a 3.000 novas crías de troita
Por Redacción |
-
Solta de 3.000 alevíns de troita no río Almofrei para continuar coa súa recuperación
Por Redacción |