Comisións Obreiras arrasa nas eleccións sindicais da Deputación
Por Redacción
Comisións Obreiras logrou este mércores unha abafadora vitoria nas eleccións sindicais da Deputación de Pontevedra. Lograron 13 dos 17 delegados que se elixían e ampliaron a súa maioría na xunta de persoal da institución provincial.
Foron unhas eleccións nas que se rexistrou unha alta participación, votaron 515 dos 559 funcionarios da Deputación (un 92% do total).
As votacións realizáronse nas mesas electorais do Pazo Provincial, a Cidade Infantil Príncipe Felipe e o Parque de Maquinaria.
En total, Comisións Obreras logrou o respaldo de 371 persoas, mentres que os outros dous sindicatos que lograron representación na xunta de persoal, CSIF e CIG, sumaron 65 e 62 votos respectivamente.
A candidatura encabezada por Xosé Ramón Piñeiro terá 13 membros na xunta de persoal, mentres que CSIF e CIG terán dous delegados cada unha.
Ademais, CC.OO ocuparán por 13 membros de comité de empresa, no que ningún outro sindicato conseguiu representación.