Pontevedra é a provincia galega onde se certifica máis produto ecolóxico
Por Oskar Viéitez
Na provincia de Pontevedra, entre 2013 e 2014, aumentou en case tres millóns de euros o volume de produto certificado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Pontevedra é a provincia galega onde se certifica máis produto aínda que é a provincia que menos superficie dedica á agricultura ecolóxica. De tódolos xeitos crece a superficie inscrita nos primeiros 5 meses do ano nun 14,92%.
Nunha roda de prensa na vinoteca Bagos de Pontevedra, a vicepresidenta de Craega, Rocío Freire, e o secretario del órgano rector, Javier García, explicaron que os sectores onde Pontevedra conta con maior número de operadores inscritos neste Consello é en produción vexetal, elaboradores e acuicultura, e os produtos que máis medran na certificación ecolóxica son leite e derivados, carne e produción avícola, conservas, peixe e pensos para alimentación animal.
É a provincia con máis produción de conservas de pescado, envasado de ovos, pensos e outros elaborados.
O crecemento do volume certificado na provincia o ano pasado foi do 30,40%, 10 puntos por riba da media galega.
Rocío Freire Rodríguez, presentou a evolución do número de operadores, superficie e volume de produto certificado en Galicia durante 2014, unha evolución que "é crecente mailas baixas puntuais". Tamén adiantáronse datos relativos ao primeiro cuatrimestre de 2015, así como cifras desglosadas referentes á provincia de Pontevedra.
SUPERFICIE INSCRITA
A superficie inscrita en agricultura ecolóxica viviu un crecemento importante dende o ano 1997, no que se parte de 13,35 hectáreas en toda Galicia. 10 anos despois, superábanse as 10.000 hectáreas, concretamente 10.985,03. "É un crecemento espectacular", suliñou Rocío Freire. Para o ano 2014 a superficie acada xa as 15.233 hectáreas cun incremento do 50% nos últimos 7. E no primeiro cuadrimestre de 2015, a superficie medra pasando a ter inscritas 16.236,75 ha: "un crecemento da superficie dun 6,59% en catro meses".
"Esto é debido, en parte, ás novas axudas para a agricultura ecolóxica, que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural no mes de marzo deste ano", engadiu José Antonio Fernández.