"Ponteacomprar.com", o centro de comercio virtual estará operativo en xuño
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o responsable do servizo de Novas Tecnoloxías do organismo provincial, Amancio Varela, fixeron este xoves un balance da posta en marcha de varias iniciativas para a modernización empresarial da provincia e a mellora da súa competitividade.
Proxectos como a apertura de 7 oficinas para o asesoramento especializado das máis de 64.000 pequenas empresas e autónomos da provincia, ou a posta en marcha o próximo mes de xuño da plataforma de comercio electrónico "Ponte a comprar" para a comercialización en liña dos produtos propios da provincia de Pontevedra.
A plataforma foi presentada hai uns meses e xa está en producción mentras os técnicos verifan que todo funciona correctamente.
Máis de 1.500 empresas asistiron ás xornadas informativas realizadas sobre a plataforma e máis de 400 xa solicitaron adherirse á "Ponteacomprar". Delas, 193 xa participarán nunha primeira fase da posta en marcha da plataforma de comercio electrónico.
Este servizo permitirá comercializar en liña, baixo unha plataforma única, os produtos propios da provincia de Pontevedra, con especial atención a sectores estratéxicos coma alimentación, restauración, turismo, lecer, hostalería e cultura.