Un accidente interrompe o tráfico na estrada de Marín
Por Diego Torrado
Durante preto dunha hora permaneceu cortado ao tráfico un dos carrís da estrada de Marín, por un accidente acontecido ás 22.07 horas, xusto diante do terreo Monteros Ríos.
Segundo informaron testemuñas presenciais no sinistro non se rexistraron feridos.
No sinistro viuse implicado un único coche, conducido por unha rapaza nova que perdeu o control impactando contra un farol e saíndo rebotada cara ao centro da estrada.
O vehículo permaneceu case unha hora en medio da vía entorpecendo a circulación.
Axentes da Garda Civil de Tráfico atenderon este suceso.