Finaliza o ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas finalizou as obras de ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo. O Alcalde en funcións Perfecto Rodríguez visitou a zona en compañía do Tenente Alcalde e concelleiro de obras Francisco Regueira.
A actuación consistiu na construción dun novo muro de contención do camiño que comunica a estrada provincial Reigosa - Xustáns - Taboadelo co centro do lugar. Nesa zona estase a construír unha vivenda que conforme á lei tivo que ceder unha parte do terreo para o ensanche do camiño. Desta forma o Concello aproveitou ese anaco cedido para ensanchar esta zona mellorando notablemente o acceso principal á zona interior de Taboadelo.
A idea do Concello unha vez completouse a construción do muro é colocar unha bionda para maior seguridade dos vehículos. Serán os servizos municipais os que se encargarán de instalar esa barreira de seguridade.
O Concello nesta actuación investiu preto de 10.000 euros.
Relacionadas:
-
O PP asegura que o muro de Taboadelo está "en perfecto estado"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez responde ás críticas do actual alcalde sobre a "chapuza preelectoral" de Taboadelo
Por Redacción |
-
Indignación do goberno de Ponte Caldelas polos fallos dunha obra herdada de Perfecto Rodríguez
Por Redacción |