Cotobade acollerá este sábado unha Ruta Cabalar
Por Oskar Viéitez
Este sábado 13 de xuño terá lugar no concello de Cotobade unha Ruta Cabalar organizada pola Asociación Cabaleiros e que conta coa colaboración e apoio do Concello e de Agro Barros.
Trátase da cuarta edición desta ruta, que ten unha saída prevista ás 15:30 horas do campo de Sión, en Carballedo e que rematará cunha cea ás 22:30 horas.
O menú da cea contará con churrasco, e polbo á feira, de cuxa preparación se encargará a pulpeira Pilar Fuchela. A reunión estará amenizada pola música de Ángel América.
A participación ten un custo de 20 euros, a metade os menores de 14 anos.