Que estarán a argallar os rapaces do Príncipe Felipe?
Por Mónica Patxot
A Praza da Ferrería converteuse este xoves nunha improvisada discoteca na que centos de rapaces bailaban ao ritmo da música máis moderna.
Eran alumnos e profesores do Colexio Príncipe Felipe os que protagonizaban este simpático Flashmob. É dicir, unha acción organizada na que un gran grupo de persoas se reúne nun lugar público, realiza algo inusual e dispérsase rapidamente.
A iniciativa sorprendía á media mañá aos cidadáns que paseaban polo centro de Pontevedra.
Foi unha acción breve. Agora queda esperar polo video que gravaron ao ritmo das súas cadeiras.