"Patas arriba" na Peregrina
Por Redacción
A velocidade excesiva coa que dous mozos viaxaban no seu vehículo pola rúa Peregrina provocou que tras chocar contra un dos bordos da beirarrúa o turismo envorcase.
Afortunadamente os dous homes saíron ilesos deste contratempo.
Sucedeu ás 5.15 horas da madrugada do domingo, segundo informou a Policía Local.
A proba de alcoholemia practicada ao condutor por parte dos axentes municipais resultou negativa.
Unha grúa retirou a media mañá o coche, ante a curiosa mirada de numerosos cidadáns.