A calor apretará con forza a partir do mércores
Por Redacción
A predicción dos técnicos de MeteoGalicia sinala que a partir deste mércores o anticiclón vai dar paso a unha semana de moita calor, na que os termómetros superarán os 30 graos na costa e os 35 no interior das Rías Baixas.
No comezo da semana agárdase unha alternancia de ceos con nubes e claros, ainda que maioritariamente estarán pouco anubrados ou despexados. En canto as temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios, cunha media de 14 graos e máximas que ascenderán moderadamente, a pesares de que oscilarán, situándose a media nuns 26 graos.
A partir do mércores a situación quedará marcada en Galicia polo anticiclón e a chegada dunha masa de aire cálido polo que os ceos despexados e as elevadas temperaturas serán as principais características do tempo, con valores de temperatura que poden superar os 30 graos centígrados na costa e os 35 no interior.
O sábado e o domingo o anticiclón podería debilitarse lixeiramente, polo que non se descarta a entrada dalgunhas néboas polo litoral e a aparición de nubes de evolución no interior. A vindeira semana continuaría con esta mesma situación do sábado e o domingo.