A festividade de San Bieito obriga a adiantar a feira ambulante ao venres
Por Redacción
As festividades de San Bieito e de Santiago que coinciden en sábado obrigan a cambiar a celebración da feira ambulante da Xunqueira para as vésperas, segundo comunica o Concello de Pontevedra.
A concellaría de Persoal e Réxime Interior, que ten competencia nos mercados municipais, acordou trasladar estas dúas feiras para os venres 10 e 24 de xullo en lugar dos sábados 11 e 25, tal e como estaba previsto.
A variación destas datas non afecta á situación dos postos que continuarán instalándose na rúa Rafael Areses.