Os Bombeiros excarceran unha persoa atrapada nun vehículo "sen carné" en Alba
Por Redacción
Unha muller que circulaba como acompañante nun vehículo sen carné tivo que ser rescatada polos Bombeiros de Pontevedra ao sufrir un accidente no Nacional 550 ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Alba arredor das 9.15 horas da mañá deste mércores 15, segundo informaron dende o Parque Municipal de Bombeiros.
O vehículo, por causas que se investigan, saíuse da estrada e impactou contra un farol quedando atrapadas a muller, polo que foi necesaria a súa excarceración. Unha vez fóra do coche, a ferida foi atendida e evacuada polos servizos sanitarios de urxencia a un centro hospitalario, segundo o Servizo de Emerxencias do 112.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Médicas, os Bombeiros e a Garda Civil de Tráfico.