Sen comida e sen cociña por un incendio en Cambados
Por Redacción
Un incendio truncou os plans de comida dunha familia de Cambados este mércores. O lume comezou sobre as 15.45 horas presuntamente ocasionado por unha tixola que estaba ao lume e rematou arrasando a cociña e deixándoa totalmente inservible.
Segundo informou Protección Civil de Cambados, o incendio produciuse nas coñecidas como 'casas baratas' de Corbillón, no número 157. Por motivos que se descoñecen, empezou a arder unha tixola e as chamas estendéronse ao resto da cociña.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 rexistrou o incendio ás 15.45 horas e cando os voluntarios de Protección Civil e os efectivos do Corpo de Bombeiros chegaron ao lugar o lume xa fora sufocado coa axuda dun extintor dun taller próximo.
Os voluntarios de Protección Civil abieron toda a vivenda para ventilala e os Bombeiros utilizaron un extractor de fume para axudar nesas tarefas. Ademais, desprazouse ao lugar unha ambulancia medicalizada para atender aos familiares por inhalación de fume, pero non foi necesario evacuar ningunha persoa.