Ferido un operario da construción que caeu dunha estada a tres metros de altura
Por Redacción
Un traballador da construción resultou ferido e tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios de urxencia a consecuencia dun accidente laboral rexistrado na mañá deste venres en Meis.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o operario caeu dunha estada a tres metros de altura. O accidente produciuse ás 8.50 horas nunha obra situada no polígono do Mosteiro.
O persoal do 112 informou a Urxencias Médicas de Galicia e á Garda Civil tras recibir a chamada dun particular. A persoa que alertou asegurou que o ferido estaba liberado e totalmente accesible.