O Consello de Navegación e Porto analiza o plan de empresa 2016 para a Autoridade Portuaria
Por Redacción
Como órgano consultivo da Autoridade Portuaria, o Consello de Navegación e Porto analizou na súa reunión deste luns o Plan de Empresa 2016 da Autoridade Portuaria que xa foi aprobado inicialmente polo Consello de Administración e que está pendente da ratificación definitiva por parte de Portos do Estado.
Nel estímase un peche de volume no tráfico de mercadorías para 2015 moi próximo aos dous millóns de toneladas cun repunte significativo no movemento de colectores.
O Plan de Empresa tamén recolle obxectivos de xestión para o período 2015-2016 en liñas como a optimización de infraestruturas portuarias, a diversificación de tráficos, a eficiencia do tráfico ferroviario, as alianzas coa comunidade portuaria, a integración co ámbito ou o aumento da competitividade dos servizos prestados.
Entre outros temas de interese para o sector, o Consello de Navegación formado por 30 membros de diferentes administracións, asociacións e empresas relacionadas coa actividade portuaria, tamén foi informado do contrato de servizos entre a Auoridad Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra e a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR) tras o Acordo Marco asinado entre esta entidade e Portos do Estado.
O servizo prestado por SASEMAR inclúe a coordinación e control das operacións asociadas aos servizos portuarios, comerciais e outras actividades, así como a realización de actividades de xestión e administrativas relacionadas coas operacións dos buques e a realización dos labores de coordinación e actuación en emerxencias por contaminación mariñar accidental.