Fumigan dous parques infantís en Vilalonga e Noalla pola presenza de pulgas
Por Redacción
Dous parques infantís municipais tiveron que ser fumigados tras detectarse a presenza de pulgas nos seus respectivos ámbitos.
Trátase dos parques da Salgueira en Vilalonga e o de Fonte de Ons na Revolta-Noalla.
Así o confirmou a concellaría de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo. Tras a desinfección da zona, os parques permanecen precintados durante doce horas seguindo as recomendacións da empresa que realizou o traballo.
Os precintos, que permanecerán ata as 00 horas deste martes, advirten aos usuarios da imposibilidade de acceder ao recinto de xogo e a partir do mércores poderán ser utilizados con normalidade.
A concelleira de Medio Ambiente, Coral González Haba, destacou a importancia da colaboración veciñal para detectar a presenza de parásitos nos parques, unha cuestión na que o seu departamento actuou con présa, tendo en conta a importancia de garantir as condicións sanitarias e hixiénicas que deben conservar os espazos nos que os máis pequenos pasan o seu tempo de ocio.