A rotura dunha canalización deixa sen auga durante horas a boa parte da zona urbana do Grove
Por Redacción
Os veciños e veraneantes que estes días enchen as rúas do Grove sufriron un importante corte de auga en boa parte da zona urbana debido á rotura dunha canalización de abastecemento.
A incidencia localizouse na rúa Luis A. Mestre durante a madrugada do luns.
Os operarios comezaron a traballar as 2:00 da madrugada para recuperar canto antes o servizo, o que lograron arredor das 11:30 horas, segundo informa o Concello do Grove.
A rotura, explican dende o goberno local, produciuse polo mal estado no que se encontran as canalizacións de moitas rúas despois ao contar xa con moitos anos dende a súa construción e de varios anos sen niguna mellora ou reparación.
Ademais o aumento da presión de consumo na época de verán, polo incremento da poboación, provoca que as canalizacións se vexan sometidas a un maior esforzo e poidan chegar a provocar rebentóns, como foi o caso.
Debido a esta e outras incidencias similares o Concello puxo en marcha un estudo para determinar as zonas nas que é necesario renovar a rede.