Correos presenta un cuño especial dedicado á ermida da Lanzada
Por Redacción
Correos presentou este luns na oficina de Sanxenxo un cuño especial dedicado á ermida da Virxe da Lanzada.
Trátase dunha nova modalidade no campo da filatelia, os cuños turísticos.
Utilízanse en diferentes cidades ou vilas elixidas polo Servizo Postal de Correos. Diferéncianse dos ordinarios, que se usan normalmente, en que estes representarán monumentos, edificios, costumes, festas ou figuras representativas de cada sitio.
Este cuño contribuirá á difusión do municipio.