O PP critica que a presidenta da Deputación non acudira aos actos na honra á Patroa provincial
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular emitiu un comunicado no que lamenta a falta de respecto da nova corporación provincial do PSOE-BNG cos veciños de Pontevedra.
Segundo os populares trátase do "primeiro xesto de desprezo" do PSOE e do BNG cara aos pontevedreses cando aínda non se cumpriu un mes da toma de posesión. O PP critica que a presidenta da Deputación non asistise á liturxia pontificial celebrada o domingo e que nin participou nin permitiu a presenza na comitiva da Banda de Música nin a Escolta de Gala, nin do resto de deputados provinciais, ao non ser invitados pola institución, segundo manifestou Aurora Cañizares, responsable de cultura e festas do grupo municipal popular.
Cañizares engade que este desprezo se repetiu durante a procesión, xa que non houbo nin un só representante da corporación provincial, a pesar de que a Virxe Peregrina é a patroa da provincia.
Os populares entenden que estas ausencias supoñen unha perda de peso da cidade dentro da Deputación "co beneplácito de Lores".