Máis de 180 efectivos para os operativos de seguridade e limpeza da Festa da Agua
Por Redacción
Preto de duascentas persoas serán mobilizadas polo Concello de Vilagarcía para desenvolver os operativos especiais de seguridade e limpeza da Festa da Auga.
O goberno local pechou o groso dos dispositivos. A organización dos operativos contou este ano con dous aspectos que esixirán un maior esforzo do xa habitual na previa e o día da festa da Auga. No relativo á limpeza, a que o sábado 15 celébrase mercado pola mañá e é o día grande da Festa da Ameixa de Carril. E no relativo á seguridade porque, ao coincidir o día de San Roque en domingo, espérase que a chegada de xente procedente de toda Galicia para participar na festa da Auga sexa moito maior que outros anos.
Unha das novidades deste ano, é que o Concello disporá baños portátiles para a Festa da Auga. Contarase cun total de 20 cabinas con aseos e 2 máis con 6 urinarios de pé cada unha. O Concello optou por alugar baños portátiles que se conectan á rede municipal de saneamento, xa que son moito más hixiénicos que os químicos.
As cabinas concentraranse en tres puntos no perímetro da zona húmida. Un na Praza da Independencia, outro entre a zona de O Castro e Arcebispo Lago e a última no Cavadelo.
No que ás forzas de seguridade se refire, o operativo a realizar entre a noite do sábado 15 e a tarde do domingo 16 contará coa participación de más de cen efectivos entre axentes dos distintos corpos policiais e forzas de seguridade do estado. Do mantemento do orde encargaranse cinco patrullas das policías Local e Nacional de Vilagarcía e reforzaranse con dúas Unidades de Intervención Policial desprazas de outras comisarías e que suman un total de 16 axentes máis.
En relación ao tráfico, a Garda Civil, establecerá controis de consumo de alcohol e drogas as condutores nas principais vías de entrada e saída á cidade.
Por último, a Policía Autonómica actuará no marco das súas competencias, prestando especial atención á venta de alcohol a menores.