Ponte Caldelas presenta o programa "renovador e xuvenil" da Festa das Dores
Por Redacción
Ponte Caldelas prepárase para vivir, un ano máis, as Festas das Dores, que nesta ocasión se celebrarán entre os días 28 e 31 de agosto.
O alcalde, Andrés Díaz, acompañado dos concelleiros Pilar Couto, José Martínez e Manolo Barreiro, en representación dos tres grupos que compoñen o goberno local, presentou un programa festivo que "está marcado por un carácter renovador e xuvenil", sinalou.
Díaz cre que se trata do "mellor programa festivo posible coa limitación económica obrigada pola herdanza recibida".
Para os mozos irá boa parte do programa como o evento Romántico Latino o Rock&Rocke, un concerto que terá lugar o venres 21 nos arredores do pavillón.
Actuacións teatrais, contacontos, proxeccións de películas como 'A Esmorga' ou o concerto de Leilía na Área Arqueolóxica de Tourón aderezan a Semana Cultural, ao igual que unha exposición de pintura no Centro Cultural.
Ademais non faltarán as habituais verbenas con diferentes orquestras.
Consulta aquí o programa completo das festas.