As praias de Sanxenxo figuran entre as que máis se liga co móbil
Por Oskar Viéitez
As praias de Sanxenxo figuran entre os dez areais do Estado nos que máis se liga a través do móbil. Este ranking elaborouno a aplicación 'Happn' que serve para poñer en contacto xente que ofrece o seu perfil ao resto de usuarios. Cada vez que dous deles se cruzan salta un aviso e ábrese un chat para que poidan coñecerse, encontrar parella ou mesmo solicitar relacións sexuais esporádicas.
A empresa, que xurdiu en París a principios de 2014, conta en España con preto de 300.000 usuarios, e uns 5 millóns en todo o mundo.
Neste listado, que recolle os usuarios da aplicación 'Happn', está liderado pola praia d'en Bossa de Eivissa, seguida dos areais de Lloret de Mar en Girona e a zona de levante con El Saler, Benidorm e Gandía como praias estrela.
Este tipo de aplicacións como 'Happn' ou 'Tinder' estanse a popularizar, xunto a outras enfocadas especificamente a un público homosexual como son 'Grindr', 'Wapo', 'Gay Romeo' e 'Scurff', aínda que polo momento estas non fixeron públicos os seus rankings de usuarios.