Un ferido na colisión de tres coches no acceso á AP-9 en Barro
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na mañá deste domingo ao verse implicada nun accidente de circulación rexistrado no término municipal de Barro cando tres turismos colidiron no enlace da autovía do Salnés coa autoestrada AP-9.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse sobre as 11.40 horas. A causa do impacto, unha persoa que viaxaba nun dos vehículos sinistrados recibiu asistencia médica e foi evacuada en ambulancia ó centro hospitalario de referencia.
Tras a alerta dun particular, o persoal do 112 Galicia activou un operativo no que participou un equipo de Urxencias Médicas de Galicia 061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico.